Xosé Posada: exemplo de empresario galego

A Rede Galega de Empresas, quer amosar o seu pésame pola perda do empresario galego Xosé Posada. Quer ao tempo destacar o seu compromiso coa economía galega e coa defensa dos intereses dos galegos e Galegas. Xosé Posada estivo comprometido co nacionalismo galego, representando ao mesmo no Parlamento europeo. Isto non mermou para nada a súa actividade empresaria. A súa actividade empresarial (Posada Marron Glacé, S.L ) e ben recoñecida tanto na Galiza como internacionalmente. Foi un home que sempre estivo pronto a participar e dar a súa opinión nos encontros empresarias que organizou a nosa asociación. Un dos últimos estivo relacionado cunha visita que fixeron empresarios de Angola a Galiza. Os noso mais sincero pésame pola perda deste bon galego e que o seu exemplo sirva para moitos outros empresarios desta terra.