Unha delegación empresarial-comercial de Angola en Galiza

Na semana do 10 ao 20 de novembro unha delegación comercial de Angola, estará en visita na Galicia, co obxectivo de entrevistarse con sectores e empresas relacionadas cunha ampla variedades de sectores e empresas, entre os que destacan:

 

 

Industria alimentar:

  • Carnes, en especial de aves e gando (vacas, bois, xatos).
  • Industria da Conserva.
  • Bolachas (biscoitos de fariña) zúmos, refrixerantes.
  • Aceites.

Derivados do petróleo:

  • Resinas e tintas, industria de velas, pomada zapatos.

Reciclaxe:

  • De vidro e plástico.

Sector financeiro. Bancarios.

O obxectivo desta visita e a de comercializar produtos da Galiza na Angola.  Abrir mercados nos campos que temos exposto e que son unha necesidade básica, nestes momentos par Angola. Pero tamén se poden explorar outras propostas que nos fagades chegar as empresas interesadas en participar na comercialización con Angola. A delegación que xa ten concertada unha serie de visita, aínda está aberta a mais propostas de visitas ou encontros cos sectores económicos interesados. Non hai mais pórse en contacto con nós, ven telefonicamente ou por medio de correo electrónico.