Un poder financeiro Galego

Desde a rede pensamos que tódolos pasos que se dean no camiño de manter un poder financeiro en Galiza e que serva aos intereses da economía galega, en especial a produtiva e das pequenas e medianas empresas é una boa noticia. Perder poderes económicos na Galicia, non axudaría a nada a economía do país. Así que pensamos, que aínda perdendo o seu carácter público que tiña até agora as caixa, é mellor conservala desta maneira que non contar con nada. Como parecía ser a intención, e aínda é, a dos grandes poderes financeiros do estado. Tamén valoramos, como así demandamos no seu día, a participación dos grandes capitais galegos na nova banca. Agardamos, que a Novacaixagalega  serva aos intereses dos sectores económicos galegos e enmarque as súas actividades financeiras en todo aquilo que nos faga máis fortes. Agardamos que contribuía a economía da sociedade galega, no seu conxunto.  Agardamos que teña unha visión de servir a Galicia e non se escore, dunha maneira determinante cara as grandes fortunas ou sectores económicos alleos aos país, coa correspondente marxinalidade das nosas economías. Aínda si, a nosa asociación, segue a pensar que unha banca pública, unha liña de crédito público, que aseguro sempre terías máis en consideración as pequenas e medianas empresas do país. É aportaría diñeiro con criterios, non só de beneficios, senón tamén de responsabilidade social e cultural.