Un grupo económico galego. IZA

INZA COMERCIAL-tenda fortaleza2Hoxe , dámosvos conta dun novo proxecto comercial relacionado co sectores agroalimentarios e de bebidas . Proxecto galego 100%. E que nace e funciona xa co obxectivo de promocionar os produtos galegos en calquera pais. Hoxe xa esta activo (ofertando os produtos galegos) en países como Brasil, Reino Unido, Panamá… Buscando nichos de comercio para os produtos galegos, aproximando a xentes de outros pobos a nosa produción e industria alimentaria. Iste proxecto prentende colaborar, xa o esta a facer, cos produtores e industrias alimentaria galega, no camiño de incrementar os seus beneficios e ao mesmo tempo incrementar o peso dos autónomos, das pequenas e medianas empresas no entramado económico galego. Colaborar co este proxecto que ten como nome  IZA  é prestar apoio a unha economía centrada na Galicia, e invertir en todos nós, produtores-industria-consumidores. Sexamos galegos tamén neste campo, saboreemos os nosos produtos.