Tenda de promoción de produtos alimentarios e bebidas no Brasil

O grupo Iza, composto pola Rede Galega de Empresas , AGV e Serra do Bocelo, con importante presenza no sector económico  galego, en especial, no sector alimentario , ten posto en marcha un proxecto de promoción dos produtos alimentares galegos nunha cidade do Brasil.

O proxecto consiste fundamentalmente na apertura dun centro destinado a promoción dos produtos alimentares e bebidas. Centro que recollera todas clases de produtos destinados a alimentación e bebida, co obxecto da súa promoción no Brasil. Consideramos que a presenza no centro de variedades destes produtos , así como das actividades industriais relacionadas coa produción alimentar, amais de demostrar a complementariedade dos mesmos é un perfecto reclamo para que a sociedade brasileira os visualice na súa totalidade, e así poda facer a súa escolla.

 

A constatación de a comercialización das nosas  produción ser un dos grandes déficit  a superar por parte da industria agroalimentaria galega, foi o que nos levou a desenvolver este proxecto coa finalidade de buscar canles de comercialización para os nosos produtos e destes modo axudar a buscar novo nichos de mercado.

A escolla de Brasil faise por considerar que é un mercado emerxente, polo seu crecemento económico e poder adquisitivo. Por contar con certa experiencia na actividade comercial no país. Pola presenza de moitos galegos no mesmo e pola facilidade de entendernos ao partillar un idioma común.

A nosa oferta aos produtores, pemes e empresas do sector, concretase en.

 

1.- Centro comercial nunha cidade Brasileira, que contara cos produtos de pemes , empresas, denominacións de orixe e clúster que queiran expor e promover os seus produtos.

2.-estes centros contaran con catálogos permanentes das empresas ou produtores que participen, así como con proxeccións audiovisuais e todo tipo de soportes que axuden á promoción.

3.- Nos mesmos  centro realizaranse periodicamente degustacións e catas dos produtos expostos.

4.- Editaranse catálogos comúns con grandes tiradas para facer chegar os produtos aos sectores interesados.

5.-Contratarase publicidade en prensa especializada, canles de televisión, prensa diaria, así como a participación en exposicións e feiras que se realicen para o sector.

6. Estableceranse relacións coas distribuidoras ao por menor e maior do Brasil.

7.- Proporcionarase as empresas participantes canles de comercialización.

8.- Realizaranse degustacións, promocións e encontros coas empresas que individualmente o soliciten.

9.- Os participantes poderán realizar no centro presentacións individualizadas , así como catas, degustacións e promocións especificas dos seus produtos.

10.realizarase un asesoramento completo (xurídico-legal) a todas as empresas que queiran comercializar os seus produtos no Brasil.

11.- Realizaranse os tramites para asistencias as feiras que se celebren no Brasil, para aquelas empresas interesadas.

12.- Executaremos  os proxecto que nos propoñan as empresas participantes relacionadas coa comercialización. Preparando encontros cos sectores interesados no Brasil ,así como plataformas de encontros.

13.- As actividade de promoción, ao marxe de que o centro se sitúe nunha determinada cidade, realizaranse por todo Brasil.

 

Dicir que este proxecto conta con unha subvención do IGAPE , e que as  persoas interesadas só teñen que pórse en contacto con nós.  No correo   izacomercial@gmail.com ou nos telef. 88.10.31.472 ou 981.558172