Só o 7% na Novacaixagalicia. O empresariado galego danado.

Golpe a economía do país e en especial ao empresariado Galego. Perdemos definitivamente una fonte de financiación para as nosas actividades económicas. O goberno español utilizando o  FROB faise a prezo de saldo cos aforros dos galegos e das nosas empresas.  O poder de decisión financeira, de primeiro orde para a economía das nosas empresas desprazase  moi lonxe da Galiza. Agora, a financiación para un investimento será decidido polos que teñen o control no novo banco (93%), que non é mai nin menos que o FROB, é dicir o goberno do estado.  Isto mentres busca mercadores privado, logo serán estes os que tomen as decisión. Mercadores privado que con seguridade viran de moi lonxe a facerse cos aforros da sociedade galega para ex traterritorializalo, co conseguinte empobrecemento da actividade económica e empresarial en Galiza. Como é posíbel que na Novacaixagalicia, o que eran as caixa galega, só teña neste futuro banco un 7%, nestes intres.? Que se fai  ou fixo cos resorte económicos do conxunto da sociedade galega.?  O empobrecemento da nosa empresas será a plasmación destas políticas económicas tan contrarias ao conxunto das empresas galega. Debemos aprender os que realizamos as nosas actividades económicas na Galiza, que ou reclamamos e traballamos por un poder empresarial galego ou empeorara a situación das nosas empresas.