Seguese asfixiando ao empresariado galego

Estes días vemos como se procede a destrución do sistema financeiro, péchense oficinas e mandase ao paro a centos de traballadores para logo vender a empresa a intereses alleos ao país. Maña, desde Madrid decidirase a quen se lle fan prestamos. Claro é que nós estaremos na cola. Os últimos en poder optar aos mesmos. Resulta que as empresas que empregaron capitais no intento de reflote Novagaliciabanco  –si é que houbo tan intento- agora poden perder parte ou a totalidade dos diñeiros depositados. Onde esta a seguridade xurídica para os investimentos empresariais? Por certo, hoxe segue sen fluír o crédito para a inmensa maioría das empresas e seguen a pechar centros produtivos.

Alguén pode pensar que así, aguantaremos os sectores produtivos galegos, xa agonizantes. Cal é senón a situación dos produtores do leite? Dos pescadores? Por certo Anfaco é multada por posíbel  conduta anticompetitiva. Perguntámos por que non se aplica tal criterio, tamén, aos oligopolios eléctricos que minas as economías das empresas e familias con abusivo custe da enerxía.  Da construción naval, mellor non falar..  Así, podemos seguir até comprobar a pobreza que se está causando na Galiza. A desfeita abarca ao conxunto da sociedade galega, así que este conxunto social debe amosar o seu rexeitamento a esta destrución. Debe buscar novas vías que fagan posible a existencia da nosa economía e da mesma sociedade, no seu conxunto.  É hora de actuar con coherencia é de saber que o trato que se nos dá aos galegos, sexamos empresarios, autónomos ou traballadores, sempre ten certa doses discriminatorias. Non somos tratados por igual e moito menos con xustiza.