Sectores económicos da Angola establecen acordos coa industria alimentar da Galiza

A visita que realizaron representantes económicos de Angola a Galicia, ten dado resultados positivos. Xa que se teñen concretado acordos comercias con diferentes produtores e industrias.  A visita da delegación foi un éxito e levantou importante expectativas en amplos sectores da nosa economía. A delegación realizou encontros con mais de 50 produtores e empresarios. É con  outros, que nos fixeron chegar  o seu interese pola visita, pero que por problemas de tempo, non foi posible mantelas. Mais quedamos emprazados para unha nova visita. Os sectores que se visitaron, en todo o territorio galego, están fundamentalmente relacionados coa industria alimentar e cabe destacar, o industria relacionada cos sectores: pesqueiros e conserveiros, vitivinícola, cárnico, aceiteiro, queixeiro e sectores de conservas vexetais e produtores de patacas. Tamén se recibiron propostas de proxectos para realizar na Angola, relacionados coas infraestruturas , agricultura, e sectores pesqueiro.

A visita tamén valeu para valorar nos seus xustos termos a importancia da economía angolana, o seu crecemento e estabilidade. E para desfacer o prexuízo que aínda se ten para co mundo africano, ao non acreditar no seu potencial. Debemos considerar tamén, que os  galegos, estamos mellor colocados na relación co mundo angolano por razón de idioma. Así que as nosas empresas deben traballar na relación con ente país. A Rede Galega de Empresas, xa leva tempo a traballar neste camiño