Salvemos o sector naval

As empresas galegas, que foron e son un potente motor da economía galega, con actividade na construción naval e civil son sistematicamente cuestionadas pola políticas económicas da Comunidade Europea. Desde fai anos, vense aplicando unha directrices co noso sector naval conducente a súa eliminación total. Factor que ten as súas raíces nas directrices europeas, que a esta altura, xa ninguén cuestionas son feitas para favorecer as economías dos poderosos da Europa, e nada teñen que ver coas cuestións técnicas nin de coa actividade de países fora da Europa. É simplemente, que os países fortes da Europa indirectamente están aplicando políticas proteccionistas para as súas economías e atacando o que tanto din defender, o libre comercio. Quen é senón impedir que os sectores do naval galego poidan realizar as súas actividades empresarias? Cómo se lles pode impedir producir, cando o naval dos fortes da Europa si producen e aplicando as mesmas directrices que nós. Seguiremos consentindo que se afogue paulatinamente a economía galega, que se peche as empresas do país? Hai que emprender acción para salvar o noso sector naval. Hai que obrigar a Comunidade Económica  Europea a corrixir esta práctica. É desde a Rede, consideramos que factible, sempre que os poderes políticos, económicos, sindicais e sociais marchemos unidos en algo que nos afecta a tódolos galego.