Refusar o incremento do IVE, é apostar por amplos sectores da economía galega

A suba do IVE, é unha negativa noticia para a economía galega no seu conxunto. Pequenas empresas, autónomos con ampla implantación na nosa economía sufrirán unha merma importantísima na súas economías, o que os obrigara a paralizar as actividade económicas e incrementar as listas de paros. O sector empresarial galego verase atroxado na súa capacidade inversora, o que propiciara que se siga destruíndo empregos e empresas. O dano desta medida poderá ser brutal. A ninguén se lle escapa que nunha situación así, as empresas non realizaran inversións nin plan de expansión, xa que terán que adicar mais cartos as compras de bens e servizos.  As familias serán as mais castigadas ao ver como se incrementan os prezos dos bens de consumo, pois temos que ter en conta que o seu gastos, nun 60% son en bens e consumo. Segúndo  un estudio da  OCU,  a suba do IVE pode supor de media un custe de 877,25 euros por familia ao ano, no caso de que dita suba repercutise integramente nos consumidores.

Os nosos sectores do comercio serán abafados, amagallados e  o consumo caera dunha maneira alarmante. Tamén sufrira unha tremenda perda o sectores de hostelaria e turístico rural, non esquezamos  que mais de 8.000 persoas viven directamente destes sectores. Que atendeu no ano 2011 a mais de 3.354, 068 viaxeiros. Comercio, turismo e hostelaría, serán aforcados por abusivos impostos.

Tamén se agravaran a situación das actividade económicas relacionadas co sector primario: agrario e forestas. Sen esquecer os servizos culturais; bibliotecas, museos, concertos, exposicións, cinemas…, asi como sectores da sanidade. O sector minorista perdera toda capacidade económica.

Con esta medida perdera o conxunto das empresas galegas, xa que isto será afondar nos aspectos negativos da crise:  menos compra, menos ventas , e parálise das actividades económica. Non esquezamos que estamos a falar dun  aumento do 125% no IVE.

Ningunha organización empresarial, nin de autónomos, debe aceptar esta medida, pois desde o noso punto de vista, esta a prexudicar a amplos sectores económicos e empresarias. A patronal galega, si de verdade quere un sector empresarial galego forte e digno do pais, debe oporse a esta suba do IVE. Desmarcarse da patronal española, que xa ten dado o seu apoio a medida, aínda aínda que  di que non lle gosta. Moitas asociacións empresarias do estado xa teñen manifestado a súa oposición a esta medida, nós, temos máis razóns para opornos. O incremento do IVE  é tremendamente maldoso para a economía galega.