Reclamamos unha solución para as micro-empresas das Artes Escénicas

A Rede Galega de Empresas solidarizase coas empresas dos actores do país e reclama unha pronta solución por parte da administración as demandas deste sector empresarial. Como ben din, máis de 200 pequenas e medinas empresas poder pechan por ter as administracións centrais de Galicia, factura atrasada, sen abonarlles. Igual que solicitamos para outros sectores, tamén solicitamos para este, que a morosidade do pagamento das administración – que supera o seis meses- sexa solucionada.  Solicitamos un esforzo das administración para que estas axudas comprometidas sexan feitas efectivas o máis pronto posíbel. Tamén demandamos que se manteñan as axudas ao sector, por ser un sector galego, que  fai reberter duna forma directa e inmediata a súa actividade cultural e económico no conxunto da sociedade e economía galega. Tamén estamos ante a perda de mais de 2000, postos de traballo segundo manifestas as propias asociacións de actores e actrices de Galiza. Perder as industrias culturais galegas, non é só perder a nosa cultura, senón que é perder máis do 2% do PIB da nosa economía.

Mal no ira, si ante unha situación de crise que vivimos, non somos capaces de facer viábel a micro-economía deste sector; si non somos capaces de preservar unha actividade tan elemental, como é a destas pequenas empresas galegas, -autoempregados na maioría do casos- que teñen e manexan xa de por si un modesto orzamento.