RAZÓNS POLAS QUE APOIAMOS A FOLGA

Como persoas, como autónomos e como empresarios galegos fronte a situación que vivimos de autentica destrución do noso, vémonos na obriga de apoiar esta folga:

1.- Para evitar a continua destrución e peche de miles de empresas galegas e a perda de miles de postos de traballo.

2.- Para solicitar que os impostos sexan pagados dunha forma progresiva, é dicir que quen mais teña máis pague.

3.- Para solicitar unha mundanza e baixada na aplicación do IBE, pois a suba do mesmo está mermando  a economía de miles de autónomos e empresas na Galiza.

4.- Para forzar aos gobernos a que obriguen aos sectores financeiros a que o crédito fluía cara as empresas e familias.

5.- Para solicitar un intervención pública do estado, no caso galego do goberno da xunta, nas políticas económicas. Xa que temos comprobado que o mercado non é capaz de facelo. Pensamos que garantir os servizos públicos non é contraditorio con ter un tecido empresarial forte.

6. Para evitar a destrución do patrimonio económico da Galiza, que pertence a toda a sociedade galega, non so os sectores económicos.

7.- Nestes momentos, creemos que os conflitos laborais que temos entre empresas e traballadores non deben ser escusas para non participar man a man na defensa de  obxectivo comúns ; como son: evitar a destrución dos sectores  económicos  galegos;  crear emprego e evitar de peche de empresas ou  ter unha política fiscal progresiva.

En fin, nós como empresarios galegos queremos que os galegos e galegas teñan dereitos a sanidade, educación e prestacións sociais duna maneira eficiente e gratuíta, mínimos para unha vida digna.