Razóns para manter a feira de gando en Compostela

Nunha situación de decadencia económica como a que estamos a vivir, calquera alteración ou perda, sexa macro ou micro-económica, dun factor económica é negativo. Neste senso, a clausura que se pretende realizar co actividade económica que se desprende da  feira de Santiago de Compostela é, a todas luces, negativa para diversos sectores económicos da cidade – talleres de coches, hotelaría, repostería, transporte, productos agrarios..etc-. Quen na situación actual de crise, é capaz de permitir que se perda a cantidade dun millón de euros que se moven cada semana nas feira? Quen é capaz de asumir que deixemos de ingresar máis de 50.000, euros por actividade complementarias relacionadas coa feira? E porqué unha institución como é o concello de Compostela, quere perder cen mil euros ao ano en taxas? Non podemos entender que se fale de resolver a situación de crises pola que pasamos as pequenas medianas empresas e ao mesmo tempo, deixemos destruír aquelas que máis a mao temos. Aquelas quen só dependen da nosas actuacións, como neste caso é a feira de mercado de Compostela. Ou salvamos as nosas micro-empresas, ou todo o demais non será mais que pura propaganda.

Para ilustrar un pouco mais o que estamos a dicir, tiramos estes datos da memoria comercial da feira do ano 2010. A presenza de  cabezas de gando é de 113.181 cun valor  de  49.336.785 euros. É de destacar que se maten no valor do ano 2009, non cae. Entraron ao recinto 10.951 é 11,602 camións, co conseguinte aporte económico para talleres e lavados. En canto a demanda de gando vacún, destacar que o 58% queda en Galiza e o 41% vai a outras partes do Estado, Francia e Portugal.  E por últimos, destacar o aporte económico que deixan outras actividades que se realizan na feira de gando.

En fin, manter hoxe en día a feira en Compostela, é a mellor forma de contribuír e colaborar coa actividade económica da cidade e coas súas pequenas e medianas empresas.