Que pasa coas exportacións galegas

Hoxe chéganos a noticia de que Galiza perde peso nas exportación. Así o confirma Instituto Galego de Estatística (IGE) noticia que debe ser analizada con rigor para destapar cales son os factores que fan sucumbir as nosas exportacións, así como a presenza das nosas empresas no exterior. Desde a rede pesamos que hai que actuar con rapidez en tres campos para acadar unhas exportacións acordes coa nosa economía. Estes son:

1.- A financiación as nosa empresas, os sectores bancarios teñen que prestar máis apoio financeiro as actividades das empresas galegas e reducir as inversión financeiras que están realizando noutros países, tanto en sectores bancarios como en empresas. Non é normal que para as nosas empresas non fluía o diñeiro en créditos e si fluía para investimentos no exterior que nada teñen que ver cos nosos sectores produtivos.

2.- As empresas galega, polas súas características de ser pequenas e medianas, características que para nós non son un impedimento nin unha negatividade, senón unha sorte. Sempre que traballen no camiño de asociarse  e colaborar para buscar proxectos ou intervención exterior, tanto na exportación de produtos como na intervención de proxectos no exterior. O 99% das nosas empresas non teñen capacidade de intervir no comercio exterior por si solas. Só unidas poden realizar estas actividades, como xa teñen feito empresas da nos asociación. Ademais esta intervención no exterior debe ser mirada sempre como un complemento para as nosas empresas, para que poidan subsistir nestes momentos de crise e colaborar na melloras económica dos galegos e galegas.

E por último, os poderes institucionais galegos deben procurar funcionar e traballar no exterior como representante da Galicia, buscando mercados e relación comerciais para as nosas empresas. Preocúpanos que se dediquen miles de euros a actividade empresarial no exterior é que está  non se corresponda o máis mínimo cunha maior influencia exportadora, senón que ao revés a nosa capacidade exportadora baixa por riba do 30% interanual  xaneiro do 2012, algo falla, ou algo non se está a facer ben.