Proposta de aforro enerxético para as empresas

Coñecedores das dificuldades económicas polas que estamos pasando as empresas galegas, a nosa asociación,  ten establecido e postos en funcionamento, convenios con empresas galegas de aforro enerxético, co obxectivo de ofertar o servizo a todos os empresarios interesados en reducir os seus custes enerxéticos.

Antes de seguir, dicir que o proxectos que temos xa posto en marcha con algunhas empresas, autofinanciase co propio aforro, e dicir, que non supón aporte económico algún para os que queiran realizar o proxecto. Amais, encargarémonos de presentar os proxectos perante o INEGA, para optar as correspondentes subvencións que dito organismo pon a disposición das empresas. A tecnoloxía utilizada garantiza unha redución dun mínimo do 30%, podendo chegar até o 50%. As empresas de aforro enerxético comprométense a realizar o estudo previo sen custes algúns para as empresas.

O  noso acordo co grupo Esinor que conta unha tecnoloxía punteira (ComputerCraft)  e única no mercado, adecuada para calquera tipo de instalacións, tanto externas como internas, é un paso importante para que a súa empresa pague menos polo consumo de enerxía.

Esta oferta esta destinadas a  todo tipo de empresas, sexa cal sexa o ramo da súa actividade. Falamos  de calquera tipo de empresa e tamén das agroalimentares, como granxas ou explotacións agrarias de calquera tipo.

No caso de teña interese na cuestión, póñase en contacto con nós.