Por un grupo lácteo galego

Entre o 2010 e marzo do do 2011 pecharon oficialmente 383 explotacións leiteiras, e 3251 cesións temporais de cota, dado  que moitas destas explotación deixen de producir leite. Desde o ano 2005 perdéronse mais de 4.300 explotacións leiteiras.  Tamén se observa unha concentración de produción leiteira. Concentrándose entre explotación de mais de 100 toneladas  e 300 toneladas. O prezo de leite na Galiza é inferior ao do Estado Español e da UE. Algo esta a pasar na economía agraria cando ano tras ano Galiza perde capacidade de produción nos seus sectores básicos.

Hoxe coas 11.000 explotación que apenas se manteñen o abandono do sector agrario e a todas luces traumático e prexudicial para o conxunto da economía galega. Como ter capacidade económica e postos de traballo, cando paulatinamente se funde os nosos sectores produtivos, como é o caso o lácteo?

A Rede galega de empresas defende a creación dun Grupo Lácteo Galego, coa finalidade de manter e potenciar o sector, xa que é de suma importancia para o futuro económico da Galiza. Coa finalidade de manter a actividade empresaria, así como os  postos de traballo que xera o sector leiteiro. Non esquezamos que estamos ante un grupo que ten unha actividade económica  fundamental no territorio galego, e que da postos de traballo a máis de 60.000 persoas.

E para rematar , a defensa do noso sector lacteo, como o de moitos outros sectores , tamén pasa por que Galiza conte con empresas propias para a comercialización dos seus produtos, e nos os deixe an maos de empresa foráneas como pasa na actualidade. Onde máis do 78% é comercializado por expresas foráneas que curiosamente teñen entre os seus  obxectivos introducir os produtos dos seus países na Galiza e debilitar a nosa produción.