Polo mantenemento das empresas de fontaneria

A Rede Galega de Empresas, ante o decreto  aprobado pola xunta que suprime a normativa, onde se validaba que só os representantes deste gremio tiñan a potestade para dar de alta instalacións de augas en todos tipo de edificacións. Optando agora a Xunta por autorizar a calquera, sen requerírlle a mais mínimo competencia ou profesionalidade, o que ven na práctica a permitir que calquera poida realizar estas instalacións.  Consideramos que tal medida e prexudicial para os consumidores e mesmamente para o sector. Nós defendemos a capacitación e os requisitos de profesionalidade en calquera actividade económica. E tamén consideramos que o sector empresarial que ten como funcións estas actividades verase prexudicado dunha maneira inxusta, e ademais perguntamos, como a este sector se lle aplica esta norma e non se lle aplica a centos de outros sectores.? Supomos por que isto conduciría a unha autentica desregulación de todas as actividades económicas e a unha intrusión  inxustificada nas diferentes actividade económicas. Consideramos amais, que nunha situación de peche de centos de pequenas e medianas empresas esta medida incide negativamente nas empresas do sector o que obrigará con toda seguridade ao peche de moitas delas. Solicitamos pois, que a  Xunta de Galicia reconsidere dita aplicación do decreto e  garanta a actividade económica das empresas do sector.