Paz Andrade, empresario galego

A Rede Galega de Empresas tamén se suma a homenaxe a Paz Andrade polo seu compromiso na defensa duns postulados empresarias con identidade de Galiza, tanto no relacionado coa súa cultura  como co  seu idioma.  Por demostrar que a empresa galega ten  máis espazo económico cando esta relacionada coa especifidade do País; por demostrar que a galeguización das empresas par nada significa mermar a súa capacidade económica e de progreso. Por demostrar que a actividade empresarial para nada esta enfrontada coa cultura do pais, senón que a cultura galega é un resorte importante para a actividade empresarial. Por demostrar que houbo e aínda ai empresarios comprometidos co país e cunha actividade ética e económica. E tamén por estar relacionado, sen medos, nin ningún tipo de prexuízos co Partido Galeguista do que foi secretario e candidato. É tamén por ter esa visión do mundo lusofono, onde a nosa organización ven realizando importantes actividade.  Actividade e eventos para crear sinerxías entre a economía e cultura dos países que forman o mundo  da lusofonia. O seu compromiso e exemplo debería ser un referente para todos os empresarios do País.