Os últimos índices de produción industrial

A economía sigue en caída, e boa mostra son os últimos datos sobre os Índices de Produción Industrial (IPI).

Neles observase como a produción industrial rexistra taxas interanuais  ben negativa en 15 comunidade autónomas. Onde Galiza se sitúa cun descenso de produción industrial tremendamente negativo, ao pasar dun -7,0% ao -15,9%. É o terceiro maior descenso de produtividade no territorio do estado español, e só nos supera Extremadura cun -20, 8% e Canarias, que se sitúa nun -14,3%. No conxunto do estado español a variación é dun -5,7%, no mes de Xullo do presente ano.

A vista destes datos, hai que concluír que a nosa produción industrial está en franco retroceso é que é necesario tomar medidas conducentes a mellorar a situación, se non queremos seguir vendo pechar empresas e incrementar o numero de parados.