Os empresarios galegos teremos futuro se Galiza decide sobre a súa economía

Estamos aínda cegos. Non vemos o que pasa cos nosos sectores económicos. Para cando o conxunto do empresariado galego, actuara en defensa dos seus intereses, dos do país, e deixará de ser un moneco nas maos dos oligopolios económicos e políticos? É unha condena bíblica que a nosa economía sexa suprimida dunha forma sistemática e continuada? Cando nos daremos conta os empresarios desta Galiza, que a nosa actividade económica esta necesitada de poderes políticos propios que a defendan e impulsen. Que a teñan como prioritaria fronte as economías foráneas. Cada ves mais temos a sensación de que todo o galego se salda fronte ao de fora. Fanse políticas destinadas a promocionar o foráneo e desvalorizase o noso. Vede o exemplo este días en que aos galegos se nos obriga a recurrír a unha empresa de Madrid para realizar a declaración renda en Galego.

Tamén o sector económico sufrimos esta política. Así vemos como a destrución e peche de miles de empresas, acompañase da destrución do poder financeiro. Poder financeiro que segue a negar crédito as pemes galegas. Acaso isto non ten que ver co que agora sucede con Pescanova? Tan cegos estamos para nor ver que os países soberanos defenden con todos os instrumentos ao seu alcance os seus interese económicos e os das súas empresas. Pasaría con Pescanova isto,  si foxe unha empresa Alemana?  E que pasa coa distribución dos produtos alimentares, onde os monopolios coas súas políticas oligopolistas non deixan espazos a outros sectores da comercialización. Onde a Lei de Defensa da Competencia , é constantemente burlada. Así, que unha economía onde se permite as prácticas ilegais dos monopolios, onde non hai resortes financeiros postos a disposición das empresas, onde os poderes políticos ceden aos intereses foráneos…etc. Como se pode  vivir, así? Como se pode ter así unha economía normalizada? Darémonos conta os empresarios galegos algún dia, de que a solución aos nosos problemas pasa por que Galicia decida sobre a súa economía.