OFERTA DE FORMACIÓN TRANSVERSAL

Gustaríanos informarvos que a Rede Galega de Empresas en colaboración coa Escola de Negocios Ingafor, puxo en marcha unha oferta de formación transversal para o sector.

O listado de accións formativas é o seguinte:

– Habilidades Directivas Avanzadas

– Contratación Internacional

– Marketing Internacional

– Transporte Internacional e Loxística

– Finaciamento Internacional

– Dirección Estratéxica

– Fiscalidade e Xestión Aduaneira

– English Oxford

– Protocolo Internacional

 

Este Plan formativo encádrase dentro do sistema de bonificacións na Seguridade Social por Gastos de Formación. Isto significa que cada empresa, sen importar o seu tamaño, ten a posibilidade de elixir a súa propia formación para os seus empregados e obter axudas para realizala.

 

Para más información sobre o programa específico de cada unha das propostas formativas, ou sobre a xestión da bonificación por favor, picade no seguinte enlace:

Por outra banda, se o precisades, un consultor podería visitarvos para aclarar calquera dúbida que poidésedes ter sobre o aproveitamento das bonificacións que ofrece a Fundación Tripartita e para orientarvos en propostas de formación específica.