NON É UNHA BOA NOTICIA A CRISE DE PORTUGAL PARA GALICIA

As medidas que se porán en marcha en Portugal, a través do chamado rescate de Portugal, serán a todas luces negativas para a economía e o sectores empresariais galego, no seu conxunto. Os baixos salarios e incremento de impostor, obrigaran a poboación a realizar un menor consumo, o que fará decrecer as compras e intercambios económicos entre Galiza e Portugal.  Tamén as exportación aos país veciños que se sitúan perto de 2.675 millóns de euros, ao ano,  verán mermadas as súas capacidade de ventas por falta de solvencia económica dos sectores económicos Portugueses. Fálase dunha caída nas exportacións do 40%. Outro sector que se verá influenciado será o do turismo portugués que visita Galicia. Tampouco se debe pasar por alto  a débeda que ten un importante sector económico portugués co sector financeiro de Galiza.  As infraestruturas para achegarnos e manter unha mellores relacións socio-economico sufriran un parón espectacular en todos os campos. Es suma, non é unha boa noticia para Galicia a crise do país veciño.