Na defensa do Nodo Central da Rede Transeuropeia de Transporte para o Porto de Vigo

Esta nova medida, marxina ao Porto de Vigo, como Nodo Central de Transporte, e causará unha perda económica importante no sul de Galiza. É isto manifestámolo porque os datos, nos confirman que o movemento de mercadorías no Porto de Vigo, é de grande importancia para a economía de Galiza ao ter segundo os datos públicos, un movemento de mercadorías no ano 2010 por valor de 11.800 millóns de euros, ao que temos que engadir que máis do 40% das exportación de Galicia, saen polo Porto de Vigo. Como é posíbel que o Porto de Vigo non forme parte deses 83 portos, no mapa da Europa. Lembrar que a actividade exportadora, na situación actual é un dos resorte polo que ten apostado a Xunta de Galicia, para vitalizar a economía das empresas galegas.

Os estragos que as políticas emanadas da Unión Europea, con respecto as empresas galegas e cada día mais abafante e prexudicial; lembremos o Sector Naval, a política da PAC; entre as ultimas actuación. A medida que toma agora, non se xusten en xustiza, ao comparala con datos doutros nodos: mobilidade de mercadorías, valor engadido, postos de traballo, etc. Até cando, seguiremos os empresarios desta terra, permitindo que se esfarelen as nosas empresas e a nosa economía? Como actuante na sociedade e economía galega manifestamos o noso rexeitamento a tales medidas e tamén solicitamos outras actitudes por parte dos nosos gobernantes, tanto no Goberno Galego, como no do Estado. A opinión xeral é que os sectores económicos galegos, non son defendidos como se debe na Europa. Só manifestar que apoiaremos as medidas e acción que se leven a cabo por parte das institucións ou calquera outras instancias para mudar este estado de cousas. É urxente, até case diriamos que vital, para os empresariado galego acadar un Nodo Central en Vigo. De seguir así, quedaremos sen traballadores e sen empresas.