Moitos empresarios galegos, non rexeitamos o noso idioma como pretender facer ver a chamada patronal “Galega”

Imaxe_Rede

 

 

 

 

 

A actitude da directiva da denomina patronal “galega” con respecto ao noso idioma é unha boa mostra do pouco que lle interesa a nosa cultura e o potenciamento da economía das empresas galegas. Nós, como empresarios galego, non podemos dar crédito a actitude desta asociación, que por certo di que representa aos empresarios galegos. Moitos de nós, temos que dicir que desta forma non se nos representa, e moito menos se representa aos noso intereses económicos. Como nos pode representar alguén, que renega do que somos?. Que renega do noso idioma, pero tamén da economía galega. Home, de momento, queiramos ou non somos galegos, vivimos nun pais cun idioma recoñecido por todos. Temos unha economía e unhas estruturas empresarial cunha características determinadas.

Aconsellámos-lle a esta chamada patronal “galega” que non nos meta a todos os empresarios galegos nas súas teimas tan anti-galegas, xa que moitos de nós sentímonos ben orgulloso de ser galegos e de ter un idioma. Por certo idioma que nos vale para actuar en marcados de importante relevancia, como é o dos países do mundo lusófono, en especial Brasil. Por certo, onde xa moitas empresas galegas realizan actividades económica. Idioma que utilizamos asiduamente en moitas das nosas relacións económicas e socias.

E sentimos moi contentos de facer negocios polo mundo en galego, e temos que dicir que para moitos dos empresarios galegos, a utilización do idioma e un plus para entrar en moitos mercados, e xamais nos ten sido negativa a utilización do mesmo. Como tamén o-é presentarse no estado Español ou non mundo como empresarios de Galicia, ou como Marca de Galicia