MISIÓN COMERCIAL DIRECTA A ANGOLA

MISIÓN COMERCIAL DIRECTA A ANGOLA

 

A rede galega de empresas está preparando unha misión comercial a Angola para a última semana de Setembro. Esta misión estará formada por 10 empresas galegas actuantes en diversos sectores da nosa económica. No país angoleño realizaranse entrevistas cos sectores económicos, financeiros e administrativos, coa finalidade de analizar e explorar as posibilidades de negocios. Esta misión comercial conta coa axuda da Consellería de Economía e Industria-IGAPE.

As persoas interesadas na mesma, deben pórse en contacto coa rede (antes do 31 de maio) nos teléfonos 881031472 – 630503941 ou no correo electrónico info@empresagalega.org.