Misión comercial a Perú

A asociación realizará unha misión comercial no Perú, na semana do 17 ao 23 de Xuño. Esta misión terá encontros  cos sectores públicos e privados, entre os que se encontrarán a:

  • Sociedad Nacional de Industria
  • Cámara Peruana de Construcción
  • Asociación de exportadores
  • Empresas agro – industriais
  • Sectores do téxtil
  • Empresas do sector enerxético en especial do enerxético eléctrico
  • Sector pesqueiro.

 

SECTORES PÚBLICOS
– Ministerios
– Municipios
– Gobernos rexionais
– Empresas lideres en diferentes ramas da economía.

É unha realidade o crecemento económico do Perú, como tamén o é a súa estabilidade política, así como as oportunidades que ofrece para as empresas nun amplo ramo de actividades.
É un pais onde o incremento do investimento público nos sectores económicos de relevancia para o país esta sendo importante, e destacar por exemplo o de obras civís (redes viarias, portos, enerxía, camiños de ferro, saneamentos, minería, agricultura..).
Ten déficit en vivendas, de aí o grande incremento na construción de vivendas. Tamén o sector da enerxía está a experimentar un grande desenvolvemento debido as grandes necesidades enerxéticas que ten por mor do seu crecemento económico en xeral.
Esta visita dunha semana ao Perú, realizase a solicitude dos noso representantes alí, que teñen xa realizado os precisos contacto cos sectores que temos enumerado, e no que diferentes empresarios galegos están interesados.
No caso de que teñades interese en participar en estes encontros comerciais no Perú póndevos en contacto con nós.