Mercando do noso. Nas empresas galegas

Estes días as empresas gráficas de Galicia amosaban a necesidade de que as administración e empresas galegas, realice os seus encargos de material gráfica e  impresión en empresas asentadas na Galiza. Coidamos que isto é unha maneira efectiva de colaborar e axudarnos mutuamente os sectores empresarias, e pólo tanto de colaborar co conxunto da economía galega. Mais é preciso de que nos concienciemos da necesidade de fortalecer as nosas relación internas entre todos os sectores económicos que estamos na Galiza. Isto debe de pasar por realizar, no posible as nosas relacións económicas entre as empresas galega. Debe de pasar por consumir o que producen os nosos sectores agrarios e pesqueiros, debe pasar por mercar o que producen as nosas empresas transformadoras.Debe pasar por contribuír todos a nosa economía e comportarnos como galego. De optar por estas practicar nas nosas compras, estariamos colaborando a criar unha mellor situación económica na Galiza. Sen fortalecer o noso comercio interno,  a nosa produción, sen mercar do noso, non melloraremos a economía galega, por moita internacionalización que teñan as nosas empresas.