Mais de 40 empresas galegas do sector alimentario participan nun proxecto promocional-comercial no Brasil.

1

 

 

 

 
Foia dado a coñecer publicamente estes días o Proxecto de promoción que estamos realizando mais de 40 empresas no Brasil.
As asociación promotoras e impulsoras do mesmo (Asociación Campalgo, Asociación Galega de Viticultura e A Rede galega de Empresas) agradecen o compromiso e confianza depositada por máis de 40 empresas galegas no proxecto. Tamén o apoio que ten prestado ao mesmo a Consellaría de Industría-IGAPE.
Este proxecto ben a demostrar que é posíbel a sinerxía entre os autónomos, pequenas e medianas empresas galegas, que é posíbel elaborar proxectos en común, que é posible abarcar mercados internacionalmente desde unha proposta de colaboración, de unión.
As características da nosa estrutura económica, sustentada fundamentalmente nos autónomos e micro-empresas é a noso ver, socialmente útil par a economía galega, sempre que sexamos capaces de organizarnos en estruturas superiores destinadas a potenciar o noso entramado económico para facer fronte ao nosos problemas de comercialización e de produción.
O proxecto que vimos realizando no Brasil, tennos demostrado que podemos chegar a todos os mercados si o facemos unidos, tamén nos ten demostrado a boa acollida que teñen os nosos produtos, así como a necesidade de potenciar e camiñar polo mundo baixo un marca distintiva que identifique os nosos produtos como galegos que son.
Presentar no mundo todos os nosos produtos baixo unha marca común, baixo unha MARCA GALEGA, e unha garantía para o éxito e para a boa acollida dos noso produtos.