Loas, desde as pemes e empresas, para Rosalía de Castro

A nosa asociación chama ao sector económico galego a impulsar o coñecemento e promoción dunha das persoas  insubstituíbel  na defensa e promoción da Galiza, das súas persoas, da súa cultura, da súa existencia. E fundamentalmente na reivindicación do noso idioma. A ninguén se lle escapa, que Galicia, sen unha figura como Rosalía de Castro, estaría manca e orfa. Así que os galegos e galegas temos unha débeda descomunal con esta muller e a única maneira de corresponderlle é léndoa, dando a coñecer a todas as nosas xentes, e sobre todo facendo os seus escritos nosos para que nos sirvan de orientación nas nosas actuación en defensa da Galiza, e en particular da nosa economía. As pemes e pequenas empresas, non podemos ter unha actitude de desleixo para con Rosalía de Castro, se non queremos seguir sendo pasto de intereses alleos, que ao longo da historia, tenderon e tenden a destruír as nosas economias. Unha economía propia, necesita duns empresarios tamén propios; do país.