Inversión extranxeira directa no sector alimentario galego

Compramos-empresas-de-todo-sector-153460248_1Empresarios de fora de Galicia, téñense dirixido a REDE GALEGA DE EMPRESAS, co obxectivo de encomendarnos que lles fagamos ofertas de empresas do sector alimentario que estean en venta. Xa que están interesados en invertir en empresa do sector alimentario en Galicia. Falamos de empresas que teñan unha facturación sobre 10 millóns de euros anuais e que realicen a súa actividade económica en empresas do sector alimentario: pesqueiro, cárnico, do viño, leiteiro, derivados do leite….etc. Sen importar a situación financeira da mesma.

Estamos ante unha inversión que xerara riqueza e postos de traballo na Galiza, amais de darlle saía a produtos alimentarios galegos, colocando en novos mercados. Estamos pois nunha actividade económica que traerá fluxo económico para a economía galega, para así evitar, ou influír no peche ou deslocaización das empresas que operan no sector alimentario galego.

O motivo da operación é manter ou incrementar a produción da mesma, para destinala fundamentalmente aos mercados dos compradores.

As empresas que estean interesadas na cuestión poden pórse en contacto con nós.