Informe do Instituto Galego de Estatística sobre o índice de produción industrial (Novembro 2011)

A produción industrial na Galiza, segue en caída, así no lo confirma o Instituto Galego de Estatística, nos seu informe do mes de novembro do ano 2011. Constátase no informe un descenso interanual do 7,1%, cun aumento alarmante de 6,7 puntos superior aos descenso do mes anterior. No conxunto do estado as cifras a taxa é de -7,0, cun 2,5 superior ao descenso do mes de outubro.

Prodúcese unha caída en caseque todas as ramas da actividade económica: así temos que os bens de consumo decrecen nun 4,2, os de equipo en 4,0 puntos, os bens intermediarios caen nun 4,7 con respecto ao ano 2010, e ate a rama enerxética sobre unha baixada do 3,0 %.

Os datos son tremendos para todos os nosos sectores produtivos e para o conxunto da nosa economia en xeral. Urxe tomar medidas, que de verdade cambien esta situación, se non queremos un desolado deserto. Se non queremos quedarnos sen sectores económicos. Nós seguimos a pensar que son necesarias medidas que incrementen a produción, para o que é necesario certo poder adquisitivo das persoas; é  necesario que as administración manteñan investimentos públicos; é necesario favorecer a actividade empresarial das pequenas e medianas empresas; é necesario darlle saída comercial aos nosos produtos agroalimentares. É necesario, en fin pensar e actuar para Galicia, primando a defensa dos seus sectores económicos sobre todos os demais.