I Xornadas de Emprendemento da Mocidade Galega Aberta

A Rede Galega de Empresas participou nas I Xornadas de Emprendemento da Mocidade Galega Aberta, celebradas  o 11 de abril na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC. Xornadas que analizaron a situación económica das empresas galega, desde un punto de vista de Galiza e que contaron coa participación de representantes das administración e tamén de importantes analistas e representantes de empresas galegas que se teñen caracterizado por realizar o seu labor empresarial en sintonía co noso idioma e a nosa cultura. Potenciando o seu sentido diferencial, como galegos. Na mesa redonda que analizou a competitividade dos  factores endóxenos galegos, o noso representante Manuel Vázquez compartiu mesa con Xavier Pena en representación da  compañía R; Enrique Sáez por IGADI e Xosé González do Foro Peinador. Desde a Rede queremos agradecer a Mocidade Galega Aberta a organización destas xornadas e a súa preocupación por que as empresas galegas para afortalar a economía galega, así como a nosa cultura e idioma.En suma, que asuman o noso espazo diferencial para realizar as súas actividades empresariais, como xa veñen facendo un grupo importante das mesmas.