Homenaxe a Carlos Varelas, ten a Galiza no seu corazón

carlosvarela

 

Desde a Rede Galega de Empresas agradecemos aos organizadores (Foro E. Peinador – Irmandade Galega de Agroalimentarios e Adegueiros – Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia –Irmandade Xurídica Galega – Irmandade da Sanidade Galega – Fundación L. Peña Novo – Asociación Álvaro das Casas – Asociación de Amigos do Couto Mixto) desta homenaxe a realización do mesmo amais da posibilidade que nos deron de participar no mesmo a todos os que quixemos dar mostra, coa nosa presenza, da gratitude ao señor Carlos Varelas por ter desempeño o seu cargo dunha maneira exemplar, coherente e honesta. Por realizalo utilizando o idioma galego dun xeito normal en todas as actividade do seu cargo como Fiscal Xeral de Galicia. Como galegos e empresarios sentímonos orgullosos de contar e coñecer a labor de persoas como Carlos Varela.

Homenaxe que contou coa participación de persoas do mundo xurídico, universitario, empresarial e político. Homenaxe no que participaron Irati García e Manuel Vázquez, como representastes da Rede Galega de Empresas. Homenaxe que veu a corroborar o aprezo a súa persoa e labor que realizou mentres exerceu o cargo de Fiscal Xeral de Galicia. Labor enmarcada sempre nunhas coordenadas da realidade galega. As súas pegadas quedan en moitos aspectos da sociedade galega; idioma, corrupción, incendios, prestige, preferentes, dereitos das mulleres….

Un home que quere a esta Galiza, merece isto e moito mais, magoa que as institucións de mais rango deste pais non valoren como é debido aos que realizan un traballo a favor de Galiza. Magoa que sempre teñan que ser as organización socias, culturais, empresarias… etc, as que homenaxeen aos que fan pais desde calquera ámbito profesional en que exerzan.

En fin, como broche final da homenaxe, está o agasallo dese libro que ten como titulo “Sempre en Galiza” e que é óptimo para a ocasión, xa que persoas que actúan como Carlos Varela, son persoas que sempre teñen a Galiza no seu pensamento. Grazas.