Frutíferas reunións da Rede Galega de Empresas en Cuba

bandeiraCUBANAUnha representación da Rede Galega de Empresas, composta por Irati García, Manuel Lombardía, Fernando Pena, José Manuel Manso, e o presidente Manuel Vázquez , acaba de regresar dunha visita comercial a República de Cuba, onde mantiveron frutíferas reunións con mais de 15 organismos económicos e administrativos do pais. Destacando entre os mesmos a Cámara de Comercio da República de Cuba, Ministerio de Comercio Exterior e da inversión Estranxeira, GEMES, TRD CARIBE, HABAGUANEX, ITH, GEMES, CIMEX, ICRT, ENERCOIMPORT, Dirección de Enerxias integral, Unión Eléctrica (MINEM), Ministerio de Construción, CUBANACAN, Ministerio de turismos…

Os sectores sobre os que concertaron as entrevistas representados polas empresas galegas, Izacomercial, S.l, Galega de Técnicas e Investimentos e Aberman. S.l, foron os relacionado co sectores de aforros enerxéticos, alimentarios e de bebidas, así como o da construción e turismo.

Cuba ofrece oportunidade de negocios en diferentes sectores: Agricultura forestal e sector alimentario, Sector da industria azucareira, turismo, enerxía, construción, transporte… Todas estas oportunidades de negocias atópanse na carteira de negocios para inversores estranxeiros, editado polo ”Ministerio de Comercio Exterior y la Inversión Extranjera”

Desde a Rede Galega de Empresas, non podemos deixar pasar a ocasión de amosar o noso apoio a que se retire o bloqueo económico que os Estados Unidos exercen sobre o país, pois puidemos comprobar directamente os efectos brutais que causa na economía Cuba e o sufrimentos que acarrea ao pobo Cubano.