Finsa non debe pechar Aglomerados Ecar

Que sucede cunha empresas que desde o ano en que se creou, 1931, mantivo un crecemento sustentable até o 2008?. O grupo industrial Finsa que, ao parecer, comprou -por 3,8 millóns de euros- a empresa fai cinco anos, agora pecha e manifesta que non ten saída, nin é rentábel. Nós consideramos que Finsa debe manter activa esta empresa, que é un aporte económico de suma importancia para a comarca de Mondoñedo e para o mantemento de postos de traballo. Consideremos que Finsa debe buscar unha solución a cuestión, que pase, por manter esta empresa e conservar os postos de traballo, na zoa. Consideramos que neste caso Finsa debería facer un esforzo, xa que é unha das empresas que máis beneficio e rantabilidade ten obtido da sociedade galega e das propias administracións.. E non nos parece xusto que se cargue esta empresa mentres os beneficios de Finsa e os seus proxectos económicos seguen a bo ritmo. Salvar esta empresa, ao igual que moitas outras, segue sendo responsabilidade de todos. A Finsa e as administracións deben buscar unha solución para manter a empresa.Nestes casos, entendemos nós, é cando se ve o interese de cada quen por defender os nosos sectores económicos fronte as deslocalizacións ou primacía de outras economías ou intereses. Nós, como empresarios galegos reclamamos os empresarios que defendan a economía deste país, que así tamén están a defender a súa e a sociedade que lles fixo crecer como empresarios. Apostar por enclaves de empresas, fora do país, coa mesma actividade non é bo para a economía galega, nin para afortalar as empresas galegas. Reverter e inverter na sociedade que tanto nos ten aportada é de xustiza e sobre todo de supervivencia das propias empresas para o futuro.