Empresas da Rede Galega de Empresas visitaron China

xian103

 

Unha delegación da Rede Galega de Empresas visitou a cidade de Xian, en China, co obxectivo de realizar encontros comerciais cos sectores económicos da cidade. Fundamentalmente os sectores relacionados coa pesca, bebidas e equipos para hoteis. Os encontros mantidos cos homólogos chineses foron de grande interese para as empresas galegas, sendo asinados acordos por parte de algunhas presentes na delegación.

Valoramos de grande interese a relación das empresas galegas coas chinesas, e sobre todo valoramos o bon facer na actividade económica das administracións chinesas. Asi como o seu compromiso e responsabilidade nos acordo comercias que realizan con empresas de fora de China. Sorprendeunos gratamente, a súa responsabilidade e axilidade no relacionado cos acordos comercias. Destacamos a súa eficacia a hora de resolver as cuestións económicos ou o cumprimento dos compromisos que toman. Estamos seguros que a boa marcha da economía ten a súa base na eficacia e responsabilidade con que as administración e sectores implicados nestas funcións actúan. A nosa opinión é que traballar cos sectores económicos da China é unha boa ocasión para ver como se poden facer relacións económicas dunha maneira eficaz e beneficiosas.