Empresarios galegos viaxaran a Cuba para reunirse cos seus sectores económicos

<br A Rede Galega de Empresas en colaboración co consulado de Cuba en Galiza e o departamento económico da embaixada de Cuba en Madrid, preparan unha misión empresarial a Cuba para o mes de marzo do ano 2015.
Misión que terá como finalidade realizar reunións e encontro con aqueles sectores económicos de Cuba que teñan actividade económica nos mesmos campos que teñamos as empresas que participemos nesta misión. Coa finalidade de tratar cuestión é temas que teñan a ver coa nosa actividade empresarial, para así realizar encontro frutíferos e concretos sobre as propostas e liñas de negocios entre as empresas Cubanas e as nosas.
Pensamos que as empresas galegas poden ofertar en diversos ramos das actividade económicas solucións a economía Cuba e o sector económico Cubano poder ser un bon socio para establecer unas relación empresarias e económicas que prime a cooperación é o beneficio mutuo entre as dúas partes, coa finalidade de melloras as economías de Cuba e Galiza.
Teñamos en conta que Cuba, agás de realizar un imporante comercio de exportación tamén importa alimentos, bebidas , aceites vexetais, produtos químicos, maquinarias e equipos…
Os datos económicos do 2013 dinnos que Cuba importou bens por valor de 17,7 mil millóns de USD e exportou bens por valor de 5,3 mil millóns de USD.
Destacan como s priorizante:
Procesamentos agrícolas.
Envases e embalaxes.
Materias de construción.
Industria de alta tecnoloxía.
Biotecnoloxia e industria farmacéutica.
Enerxías renovábeis.
Telecomunicación e informática.
Turismo e inmobiliario.
Servizos.

Reabilitacción de vivendas e edificios

Esta actividade comercial, toma agora un importante brío co proxecto ZED MARIEL:ABERTA AO MUNDO. É esta unha zona de desenvolvemento especial na rexión do Caribe . ZED MARIEL, ten unha área de 465,4 km2 e abarca seis municipios da provincia de Artemisa. Estando a unha distancia de 45 km da capital cubana, conectada por estrada e camiños de ferros. O aeroporto Baracoa esta dentro do ZEDM.
O ZED MARIEL, esta dividido en 11 zonas e incluirá: un parque industrial de alta tecnoloxía, unha área de manufactura, un centro de procesamento agroalimentario, un centro de actividades para o petróleo, unha zona loxística, unha zona de actividade portuaria, unha zona de desenvolvemento agropecuario, así como parque ecolóxico entre outros. Tamén hai outras zonas para hoteis, centros turísticos…
En todo este proxecto a empresas estranxeiras beneficiaranse dun atractivo réxime fiscal e regulatorio…

NOTA: os empresarios que queiran participar neste encontro en Cuba, pódense por en contacto con nos no telefone 881 031 472 ou no correo electrónico info@empresagalega.org.