Empresariado galego. Que facer perante as eleccións?

 

Os empresarios galegos que formamos parte da cultura económica galega, que somos destes Pais, Galiza, temos que contribuír coas nosas decisións, tamén co noso voto a mellor a situación económica de Galicia, e con iso tamén estaremos a mellorar a capacidade económica das nosas fabricas. Estaremos a apostar por un presente e futuro, para as nosas fabricas e para que as mesas sigan a aportar postos de traballo, produción e progreso  para os galegos e galegas. Lembremos ese slogan realizado por unha empresa de “Vivamos como galegos”, fagámoslles caso logo. E apliquemos o mentado slogan a nosa vida diaria, e vivamos como galegos, no relacionado co nosos idioma; coa nosa produción económica; coa nosa capacidade empresarial, para asi crear postos de traballo e a evitar que os nosos mozos emigren; co nosos aportes a mellorar a situación económica de todos os galegos e galegas; co noso apoios a todas aqueles, que dunha xeito ou doutro axuda e traballan para que Galiza viva e os galegos podamos sempre vivir como galegos.

Tan difícil é vivir como galegos? Tan difícil e loitar para que as nosas fabricas cren bens e  postos de traballo para as nosas xentes? Tan difícil é non darse conta que nos impiden aos empresarios galegos realizar as nosas funcións empresarias con normalidade, que nos impiden producir, que nos impiden vender, que nos impiden exportar…Tan difícil e contar cunha economía propia que faga progresar a todos os galegos?

Nos que somos un sector desta sociedade galegas, nen mellor  nen peor que as outros sectores, tamén debemos aportar e colaborar para que o presente e futuro teñan outro rumbo, si non queremos quedar no camiño, arruinados conxuntamente coa ruína de toda Galiza. Esta terra que apreciamos e queremos, precísanos a todos para evitar que sega sendo a terra que é obriga a vivir na miseria, cando ten -temos- os recursos suficientes para vivir prosperamente.  Chamamos a atención para os empresarios galegos sobre tres cousas, que nos afectan gravemente, entre moitas outras. a) Como non esiximos con firmeza que a enerxía sexa mais barata para as nosas empresas, xa que somos grandes produtores? b) Como se pode tolerar que se nos venda mais caro as gasolinas e gasóleos, que no resto da España? c) Como podemos permitir non ter un sector financeiro galego? . Desde a Rede Galega de Empresas, pedimos unha reflexión profunda sobre estas e outras moitas cousas ao empresariado galegos, para que, entre todos, podamos analizar cal e a mellor maneira que temos para contribuír e colaborar a que Galicia, mande no seu. Tamén os resultados electorais contribuín nesta causa, non dan o mesmo para esta pais uns ou outros. As institucións públicas galega teñen, ou deben ter, a obriga de colaborar e apoiar ao mantemento e fortalecemento das empresas galegas . Perguntémonos , estano a facer?   Por iso, nós pedimos que votemos como galegos para facer realidade ese slogan de “Vivir como galegos”. A que mellor cousa podemos aspirar os galegos e galegas, senón é a “vivir como galegos”.  A que mellor podemos aspirar os empresarios galegos senón é a ter un normal desarrollo das nosas actividades economicas na Galicia, como base para relacionarnos coa economia mundial.