Efectos do conflito comercial entre Europa-Rusia, na economía galega

rA economía galega relacionado coa sectores alimentares: produtos de mar e lácteos, da carne, da viticultura… verá como as súas vendas sofren un baixos, a causa das decisións políticas dos nosos gobernantes, que veñen de forzar, en certa medida, a que Rusia deixe de comprar produtos galegos. O sector económico que vendía os seus produtos no mercado de Rusia, sufrirá unha importante perda ao deixar de exportalo ao mercado Ruso. Esta perda, con toda seguridade, notarase mais na Galiza que no resto do estado Español. Non debemos esquecer que as exportacións galegas a Rusia superaron os 250 millóns de euros no ano 2013. Sectores como o da pesca serán novamente castigados, xa que é bon lembrar que mais do 80% das compras que viña facendo Rusia a España, proceden da Galiza. É que dicir desa economía como é a relacionado co viño, co sector lácteo, de carne… etc. Unha vez máis os sectores económicos galegos sufriremos máis por non contar con poderes políticos e económicos que nos defendan. Por non contar con resorte propios para o empuxe da nosa economía, para que esta non dependa de decisión que sempre non prexudican e son tomadas para salvagardar outras economías, e nunca para protexer, a nosa, a galega.

Parece que os poderes políticos da Europa e da España non se teñen dado conta aínda de que o mundo ten mudado para eles, duna maneira importante. E que Rusia, a diferenza do pasado, hoxe ten moitos países no mundo onde abastecer as súa necesidade, en especial Latinoamerica, mesmamente Africa.. O Financial Times, informa que o Brasil xa autorizou 90 produtores de carne para exportara o mercado Ruso: frango, porco, gado. E que a mesma economía Brasileira abastecera de frangos ao mercador Ruso, en substitución dos frangos procedentes dos Estado Unidos. Como vemos, as nosas exportación serán substituídas polos mercados de América Latina

Nós desde a Rede apelemos a unha política de boas relacións cos diversos países, políticas económicas que primen unhas relacións de mutuos beneficios, e para nada compartimos postura que se sustentan nuns pensamento de supremacía duns países sobre o outros. Ou practicas que tratan de favorecen as grandes empresas internacionais ao tempo que merman as pequenas e medianas empresas, así como as economías de países como Galiza.

Non fai moito, o embaixador Ruso, nunha charla que deu na cidade de Santiago de Compostela, por certo, organizada pola Confederación de Empresarios de Galicia,na que a nosa asociación participou, entre outras cousas, amosou o seu interese por potenciar as relacións da economía galega co seu pais. Viu oportunidades claras. E agora, decisión que se toman para compracer unha das partes do conflito de Ucrania, rompen aos boas sintonías que comezabamos a ter coa economía Rusa. Non podemos deixar de facer mención, a que mentres isto sucede, na Galiza, por parte de algúns sectores estase falando de traer inversores rusos para que comprender propiedade galegas? Que contra sentido, non? Por certo non esquezamos que o 20% da débeda publica española esta en mans de Rusia.

E internamente na Europa, países como Galicia veremos caer as nosas exportación ao propio mercado Europeo, a vez que os produtos de países como Alemaña, Francia… etc, gañaran mais mercados no noso propio territorio. Unha vez máis a nosa economía ponse ao servizo de causas alleas a Galicia, debilitase, desangrase e perde capacidades. A falta de poderes económicos e políticos que pensen en nós, e nos apoien fronte a intereses alleos aos nosos, amosa a nosa triste orfandade.En fin, Europa e España con estas practicas estase amputando parte dos seus sectores agroalimentares, con especial incidencias nos sectores produtivos da alimentación. Ou muda o seu comportamento nas relacións comercias con Rusia, cousa que coidamos que veremos pronto, ou o desgaste dos seus sectores produtivos agravara aínda mais a súa crise.
.