Debilidade ou desinterese: na participación empresarial na Novagalicia

O aporte das empresas a recapitalización de NovaGalicia, vennos a confirmar a debilidade ou desinterese das empresas en manter un sistema financeiro galego. Importantes fortunas, non están nin teñen feito o mínimo xesto de apoio a esta entidade. Supomos, que isto terá que servir para diferencias as empresas, que si participan e amosan certo interese, por un poder financeiro próximo, de aquelas que, tendo capacidade, nada fan. Hai que sacar lecturas,  para actuar no futuro. Non nos, parece a nós responsábel nin minimamente ético que as empresas que tiran riquezas do noso territorio, agora fuxan deste compromiso e  non participen no mantemento dun proxecto financeiro para este país. Estas actitudes o que provocan é unha maior desintegración dos nosos sectores económicos, das nosas empresas. Fannos a todos mais débiles e cortan as posibilidades dun desenvolvemento económico e industrial para as nosas empresas. Hai que apostar e lograr un entidade financeira galega; banca pública, instituto publico de crédito, etc. E aquí temos cabida os empresarios do pais, as institucións públicas e os galegos en xeral. Galiza ten que mobilizar os sectores e  recursos de quen estamos por unha entidade destas características. Os recursos políticos, institucionais, económicos e industrial; só así será  posible un institución pública de crédito para as empresas e familias. O sector económico do pais non se poderá desenvolver nin manter activo con políticas que non aposten por os sectores económicos que nos corresponsabilizamos da economía galega.  Pol último, o noso aplauso as empresas e sectores que, teñen apostado por participar no novo banco, para mantelo nuns mínimos de galeguidade.

Nós facemos un chamamento a participación e aposta pola NovaGalicia.banco, con fin de manter un poder financeiro nunha mínimas pautas públicas, por mediación da xestión da accións do FROB, que reclamamos pasen a ser xestionas polo administración galega.

Ao día de hoxe as accións da Novagaliciabanco están repartidos da seguinte maneira: o FROB conta co 91 %, mentres que os novos accionistas representan perto do 3%, o resto e co que conta a propia caixa no orixe. Aproximandose o capital total a mais de 2.732 millóns de euros.