Créditos para as pequenas e medianas empresas

O que manifestábamos fai dous anos sobre a política crediticia dos poderes financeiros, con respecto as financiación das medianas e pequenas empresas galega, estase a converter nun evidencia estranguladora para a economía destas empresas, ao que lle debemos engadir a caída brutal da produtividade por falta de ventas. A despreocupación por activar a economía destas empresas é un feito persistente e real. Desde a Rede Galega de Empresas, solicitamos dos poderes financeiros un cambio de actitude, para que fagan fluír os prestamos cara as pequenas e medianas empresas. Para que faciliten os apoios financeiros que necesitamos os empresarios. Pero tamén solicitamos das asociación empresarias, en especial das que defende aos pequenos e medianos empresarios, unha actitude máis esixente con estes poderes financeiros e coas institucións que ren fan para modificar esta situación. Solicitamos que se teña un trato mais equitativo cos pequenos e medianos empresarios e non se siga na liña de engordar aos especuladores e causantes da ruína en que estamos. Hai solucións, ou polo menos, outras vías e propostas para mellorar a situación. Que se proben, para non seguir dando voltas as directrices quen non son capaces de impedir que a situación se agrave cos pasos dos días. Queremos e propomos: Que os mais ricos paguen máis; que as pequenas e medianas empresas teñan prioridade nas políticas crediticias e nas orientacións económicas da administracións; que se procuren políticas tendentes a incrementar a nosa produtividade e por conseguinte a un maior movemento de produto. Que non se afogue a sociedade con subida da carestía da vida en cuestión básica como as hipotecas, os carburantes, as enerxías.. Pois isto repercutira negativamente no poder adquisitivo das familias e polo tanto no incremento da produtividade da maioría das empresas. é que os poderes políticos regulen os mercados para que as nosas empresas, e as propias sociedade non sexamos devorados polos insaciábeis.