Convenio entre Implicas e Rede Galega de Empresas

Implicadas e Rede Galega de Empresas veñen de asinar un convenio coa finalidade de realizar acción comúns tendentes a procurar un desenvolvemento económico e social co obxecto de erradicar a pobreza  desde un enfoque de xénero  e dende Galiza, tentando implicar  á cidadanía galega. Nese camiño de implicar aos sectores empresarias galegos na defensa de valores como a xustiza, a responsabilidade e igualdade. Para esta acción impartiranse cursos polo xeografía galega.

Tamén traballarán na internacionalización de sectores económicos galegos, con sectores da India. Nese camiño realizaran acción estes ano, coa presenza en Galicia de representantes de sectores sociais e económicos da India, coa finalidade de explorar as posibilidades de cooperación económica entre sectores económicos de Galicia e da India.