Controla, xestiona e aforra nas industrias agrogandeiras

A Rede Galega de Empresas en colaboración coa empresas SOTEGAL de aforro enerxético pon a disposición da industria agrogandeira un sistema de aforro enerxético apto para calquera tipo de explotación gandeira e agraria. O sistema que utilizamos ComputerCraft é unha ferramenta que , sen dúbida algunha, colaborara na viabilidade e estabilidade financeira das explotación gandeiras.  Baséase no control e redución do gasto enerxético e na optimización do funcionamento de ventilación, calefacción, frío e iluminación; co obxectivo de que os diferentes sistemas funcionen unicamente o tempo necesario e cando sexa preciso, propiciando así un aforro do 40%.

 

 

CONTROLA, XESTIONA E AFORRA

❚Control programado e arranque progresivo de grandes cargasconsumidoras de enerxía (ventiladores, centros de frío)

❚❚Control da iluminación

❚❚Control da calefacción

❚❚Monitoraxe da temperatura e da humidade relativa

❚❚Monitoraxe do consumo eléctrico

❚❚Control horario de consumidores

❚❚Control automático de consumidores en función da potencia consumida

❚❚Xestión remota da instalación

❚❚Integración con enerxías renovables

 

Facilitase a financiación adecuada a cada peme, así como as axudas que as diferentes administracións poñan a disposición do proxectos de aforro enérxetico