Conservemos Pescanova

Desde a Rede Galega de Empresas, consideramos que salvar Pescanova e nestes intres é un deber do goberno autonómico.  É unha necesidade polo que supón para a economía galega. É, en fin, a demostración practica, de si estamos pola defensa dos nosos sectores produtivos ou non. Deixar perder esta industria, como xa se ten feito con outras moitas ao longo destes últimos anos, é condenar  o país a miseria, é camiñar na desertización industrial de Galiza. Centos, miles de empresas teñen pechado na Galiza.  Falamos de empresas punteiras, de empresas con moitos anos actuando na Galicia. Empresas que con toda seguridade teñen contribuído dunha maneira importante á economía galega.  Ou afrontamos a situación, desde os interese de Galiza, que pasan por defender as nosas empresas, os nosos sectores produtivos, ou deixamos que a destrución da nosa economía sexa unha realidade que afogue todo o país.  Na Rede estamos certos que sen unha economía propia, somos menos país ao tempo que estaremos máis propensos a que sigan facendo con nós o que queiran. Temos que impedir que os nosos sectores económicos, sexan utilizados para intereses alleos ao país ou para operación de pura especulación. As empresas galegas precisamos gobernos galegos  que nos teñan en consideración, que nos consideren prioritarias nas súas axendas económicas.  Si, señores, primeiro e sobre todas as cousas ten que estar a defensa da nosa industria, da nosa economía.

A defensa das nosas empresas, para nada xustifica operación fraudulentas por parte da mesmas. Para nada supón aplaudir operación ou acción administrativas enganosas. Para nada supón dar o visto bom a destrución por parte das mesmas da nosa economía  ao colaborar en proxecto que nos danas a todos, en especial ao pequenos e medianos empresarios.