Barreras e Pemex

Unha noticia chega ao galegos estes días, Barreras será controlada pola empresa Mexicana Pemex. Esta empresas Mexicana tera o 51% do capital da empresas galega. Xorden de pronto manifestación a favor e encontra da operación.  Unha din “ que ben así mantemos a empresas activa , o mundo de hoxe evócanos a isto…” outras  “perdemos toda capacidade sobre a mesma, até acabara cotizando fora, como fai na actualidade Citroën..”

Nós, como empresarios galegos non podemos aplaudir que as nosas empresas sexa vendidas a capital alleo e que se perda a xa de por si, moi mermada capacidade económica propia. Que se perdan os últimos resorte si se quere da nosa pequena burguesía galega. Xa pasou con Maso, Bulcano.. etc.Sigamos a destruír o noso cativo mundo empresarial. Non só perdemos postos de traballo ao perder as nosas empresas, perdemos o futuro e capacidade de incidir no mesmo. Ista é unha forma de desnacionalizar toda as nosas empresas, xa moitas delas desnacionalizadas

E isto no é oporse a participación de capital foráneo  na nosa economía. Senón que é apostar polo capital foráneo, con condicións e aproveitado na súa xusta medida para que colabore na nosa capacidade industria. É isto só é posíbel, se un ten nas súas maos o control societário.  Sen iso, hoxe Pemex pode comprar Barreras e maña, vendela ou pechala. Lembrades o que pasou, con San Luís?. Que pensades que están a facer os nacións que están a ter un desenvolvemento importante a pesar da crise dos países da Europa. Que fai Brasil, Uruguai, Ecuadoir, Peru…Primeiramente protexen as súas empresas, as súas economías. Non fai o mesmo Estado Unidos acaso? Os únicos que vendemos o país parece que somos os galegos. Nós non estamos nen por que se vendan as nosas empresas, nen os nosos recursos económicos. Estamos por ter empresas galegas , fortes e activas na economía galega, con capital galego e con gobernos que as defendan na Galiza e no mundo. Empresas que creen postos de traballo, que o seu ciclo produtivo e comercial sirvan para unha mellora da economía dos galegos.  Se non somo donos do noso, nada poderemos decidir.