Banesco, un banco venezolano na Galiza?

Os empresarios, e tamén a sociedade galega no seu conxunto, para nada debemos estar contentos por que un banco estranxeiro entre na nosa economía deste modo, e dicir, comprando unha banca que xa actuaba na Galiza e que os poderes político e económicos, non quixeron mantela baixo a propiedade privada galega ou convertela nunha banca publica e galega.  Como sería o desexábel, para os que pensamos que Galicia debe ter unha economía propia, e polo tanto un poder financeiro que a sustente.  Mais este proceso de ruína e expropiación dos recursos económicos de Galicia ten unha longa historia, só que agora está nunha fase brutal. Haberá que pensar no futuro reverter esta situación o máis pronto posíbel se queremos verlle futuro a Galiza.

Banesco, é xa un feito na Galiza. Agora que esperamos que mentres isto sexa así, que o seu comportamento con respecto ao pais e a súa economía sexa respectuoso. Non estamos a falar de que non gañe diñeiro, para iso está, pero si falamos de que respecte, polo menos a idiosincracia de Galicia, a nosa cultura, e sobre todo, que apoie aos sectores produtivos  de Galiza.  Até podemos ver con esperanza, para a nosa economía, certos movementos iniciais dos donos de Banesto,  ao ter o seu soporte no Etcheverria e nos seus directivos. Veremos. Somos dos que pensamos, que a mellor solución para nós pasa por unha banca pública galega, que compita abertamente coa privada. Mais tamén temos que dicir, que ao non terse producido isto, preferimos diversidade bancaria que concentración monopolista en dous ou tres banco. Así que Banesco teranos que demostrar que é un banco que apoia a nosa economía, e os nosos sectores produtivos, cousa que a maior parte dos bancos actuantes hoxe na Galiza, non fixeron nin fan. O tempo dirá, e a acción dos galegos para que sexa así, será importante.