As grandes fortunas deben tributar máis

Desde a  Rede Galega de Empresas, consideramos que é importante, máis nunha situación de crises, que os impostos obedezan a unha xusta distribución das riquezas, tendo como base os ingresos- beneficios que opten cada quen. Neste sentido é oportuno que todos nos fagamos cargos dos impostos que nos corresponda. Así o vimos realizando desde a rede.  Máis, non só e suficiente, gravar con novos impostos, senón  lograr que cada quen cotice o que lle corresponda, cando menos, o que xa están estabelecidos pode lei. E que distan moitos de ser aplicados.  Así temos eses grandes desaxustes, onde as grandes empresas que legalmente teñen establecida unha cotización do 30%  dos seus beneficios, pero que ao día de hoxe iso e unha pura quimera, xa que estás grandes fortunas veñen cotizando  un terzo do que lles correspondía pola manobra e artimañas que se lles permiten para eludir unha normal cotización polos beneficios que obteñen. Como claro exemplo temos as SICAV cunha tributación do 1% ,  en vez do 30%. Non é a mesma realidade, nas pequenas e medianas empresas,  que pese a ser o mais importante sustento da economía, aportamos, maioritariamente, as cotización que nos corresponden. O equitativo é que quen mais gañe, máis tribute, mais isto está lonxe de ser así, polo que vimos de explicar.  Ao día de hoxe é ben inxusto que as grandes fortunas, cada vez aporten menos as arcas do estado, e as pequenas e medianas empresas, así como, a maioría da sociedade cumpramos coas nosas obrigas. Preocúpanos esa desigualdade e permisividade que se ten coas grandes empresas e que para nada se ten o mesmo criterio para con as pequenas e medianas empresas. Ademais, hai que afirmar que o problema das empresas non son para nada os impostos, o verdadeiro problema e crise económica que non impide producir e colocar con garantías os nosos produtos ou servizos na sociedade. O verdadeiro problema é a falla de produtividade e comercialización dos nosos produtos. O verdadeiro problema é a falla dunha política económica, feita para as pequenas e medianas empresas.