APOIO AS EMPRESAS DO SECTOR NAVAL GALEGO

As empresas do sector naval galego, que tanto  representan para a nosa economía e para a creación e mantemento de emprego e da nosa capacidade produtiva, non esquezamos que a nivel mundial é un referente,  están enfrontando unha durísima crise pola falta de pedidos na fabricación de barcos.  Tamén polas impedimentos de contar con un solvente financiamento. Os sectores sociais, económicos, administrativos e políticos debemos reforzar o noso esforzo e colaboración con este sector económico.  Debemos primar e buscar na relación con outros países acordos destinados a fortalecer a actividade dos nosos estaleiros. Debemos convencera o poder financeiro da necesidade de colaborar e prestar apoio económico as actividades destas empresas polo que significan na economía do conxunto do país. Desde a rede consideramos que Galicia ten certa capacidade de interlocución con outros países do mundo, aínda sen explorar,  para  buscar cargas de traballo para estas empresas. Só é preciso que os poderes políticos e económicos nos poñamos en marcha e nas nosas relacións con outros países procuremos acordos e convenios para as empresas que favorezan o noso tecido produtivo, e en especial, neste caso, paro o sector das empresas que teñen as súas actividades, directa ou indirectamente na construción naval.