Aplicar o TAX LEASE é destruír un sector empresarial na Galiza

Estamos perante un feito que debería  facer recapacitar ao noso sector empresarial no senso de darse conta que a súa viabilidade e actividade produtiva só será tida en consideración polos gobernos centrais e europeos, cando desde Galiza se xere unha política que teña como prioridade os nosos sectores produtivos, a defensa dos mesmos. Os empresarios tócanos abrir os ollos e darnos conta de que as medidas que se nos aplican, sempre teñen, unha finalidade, priorizar as capacidade produtivas e económicas do Estado ou da Europa en detrimento das nosas empresas. Debemos mudar eses  comportamentos de pensar que desde Madrid ou Europa miran polos nosos intereses; darnos conta que eles miran polo seu, así que a nós tócanos mirar polo noso.  Debemos traballar con unha idea básica de fortalecer as nosas empresas e as nosas economías, contribuír a que Galicia sexa o noso motor económico, o das nosas empresas. Debemos amosar a nosa fortaleza, cos demais actores socias, ante esas políticas que estragan as nosas empresas,  a TAX LEASE, é un bon exemplo, pódense por moitos outros. Debemos saber que os interese económicas da Galiza, están ligados a nosa actividade empresaria, ou así debería ser. Debemos saber que non somos peores empresarios que os españois u europeos, a nosa debilidade está en relación a nosa debilidade política. Debemos saber que en moitas partes do mundo somos ben tratados e considerados, os galegos, nunha viaxe que fixeron representantes da nosa asociación, estes días  ao Perú, así quedou demostrado.

En fin traballemos hoxe para solucionar  a situación pola que pasan os nosos estaleiros, manifestemos o nosa oposición ao TAX LEASE, solicitemos medidas fiscais  e financeiras para que a actividade do sector teña futuro e por último, dotemos a Galicia de capacidade política para de fender os nosos sectores económicos.