Alcoa, tarifa eléctrica diferente na Galicia

imagesO proceso de desmantelamento continuado na nosa industria galega é unha cuestión que ten o seu problema, fundamentalmente, na falta dun goberno e dun poder económico que pule pola defensa das nosas economías. É un problema que ten haber co papel que o estado ten designado, desde fai anos, a economía galega, que non é mais nen menos, que servir ao intereses de industrial e economías alleas, en detrimento da nosa propia industria e economía. Só así se entende o problema que pasa a noso sector industrial, cun novo exemplo, como é o de Alcoa.

Desde a REDE clamamos unha vez mais porque a industria e economía galega teñan unha redución nos seus custes enerxéticos, xa que sendo un pais cunha importante produción da mesma, o mínimo sería que a súa economía e as súas empresas, tivesen compensacións no sector enérxetico, de non ser así, non é estraño que teñamos que aseverar que a este país se lle sacan recurso sen nada a cambio. Isto ten un nome para todos nós: expropiación.

Nós, como empresario galego, temos que decir e proclamar que as empresas galegas, somos tratadas co moito desprezo por parte dos gobernos centrais. Asi que consideramos que debemos defender o nosos sector industrial e facer que as institución galegas teñan unha actitude mais frontal freten a esas medidas que veñen do Estado ou de Europa, que perxudícan as nosas empresas e as nosas economías.